Colección pegadas

Artesanía Candán aposta por unha colección de fonda esencia tradicional executada en pedra pero con aplicacións de técnicas propias da cerámica como o esmalte de cores. O resultado desta fusión de pedra e cerámica son pezas lixeiras, vistosas, atractivas e modernas que escapan do concepto convencional da arte en pedra.

Este produto cento por cento galego nace coa vocación de vincular terras tan lonxanas como próximas culturalmente,Galicia, Irlanda e o resto dos países de cultura celta. É por este motivo que Artesanía Candán traballa, nestes intres, na búsqueda de canais de distribución internacionais que permitan atopar as pezas de Pegadas en calquera tenda do mundo.

 

Proxecto financiado polo programa Innoempresa de IGAPE. Proxecto "Branding Peme" de Fegape.